XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
O FREIXO (OUTES), DO 11 AO 14 DE XULLO DE 2013
Xi EncOntro
A Asemblea da FGCMF acordou por unanimidade conceder a organización do XI Encontro á asociación Terra de Outes, en consorcio cos colectivos da Federación pertencentes á ría de Muros-Noia. O Encontro celebrouse no porto do Freixo-Outes entre os días 11 e 14 de xullo de 2013.
O Freixo ten un lugar moi importante na historia da construción naval en madeira en Galicia, alí chegou a haber máis de 40 estaleiros na zona e hoxe en día segue a ter varios en activo. A isto hai que engadir que o fondo de ría é unha das máis importantes zonas marisqueiras, especialmente de berberecho.
Até esta pequena parroquia mariñeira chegaron embarcacións tradicionais procedentes de distintos lugares de Galicia, Portugal, Cataluña, Euskadi, Francia,… Moitas xa eran veteranas destes encontros pero tamén houbo novas incorporacións, entre elas algúns barcos recuperados e outros de nova construción.
O evento constituíu unha auténtica festa por mar e por terra que incluíron actividades nos arredores do peirao, con música tradicional, artesanía en vivo, xogos para nenos, exposicións, documentais, conferencias e concertos nocturnos.
GALERÍA DE IMAXES
Resumo en fotografías do XI Encontro
Durante 4 días, O Freixo, no concello de Outes, acolleu este evento para mostrar a riqueza e patrimonio do noso mar.
Grazas a todas as persoas e institucións que participaron, ao equipo que conformou o Comité Organizador, ao patrocinio das distintas institucións públicas, así como á colaboración de diversas entidades e colectivos locais, fíxose posible un ano máis o maior evento a favor da protección e promoción da cultura e do patrimonio mariñeiro de Galicia.
O XII Encontro de Cabo da Cruz estivo organizado de forma conxunta por Culturmar, a asociación Terra de Outes e o Concello de Outes.
Ademais, contou co patrocinio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, a través das consellerías das consellerías do Mar e de Educación e Cultura; ademais da Dirección Xeral de Comercio.
Agradecementos en especial a todos patróns e patroas, tripulantes, equipo de voluntariado, mariñeir@s, artesáns, conferenciantes e resto de participantes no XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia