o encontro

O Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia é un evento bienal que a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial -Culturmar- organiza desde 1993. Cada Encontro reúne entre 100 e 150 barcos tradicionais de toda a Galicia, Portugal e doutras zonas de Europa e incluso de América, co obxectivo de preservar, promover e difundir o património marítimo-fluvial. Desde o seu nacemento, este evento veuse realizando en diferentes vilas costeiras galegas, combinando a exibición de embarcacións con atividades culturais, como música, exposicións, conferencias, cine, obradoiros de artesanía e presentacións literarias dirixidas a todo tipo de público asistente.
Trátase dunha concentración de embarcacións tradicionais de gran dimensión e variedade tipolóxica, sen dúbida unha das máis importantes da Península. Esta gran exhibición de embarcacións representativas do patrimonio marítimo e fluvial desenvólvese durante catro xornadas, nos que a vila que acolle o evento ofrece un amplo programa de actos culturais e de lecer.
O Encontro achega o patrimonio marítimo ao gran público, implica á poboación e promove o asociacionismo cultural a prol do patrimonio, á vez que fomenta actividades de integración social, convivencia, divulgaciónr e turismo sostible, entre outras.






