ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS
de Galicia
PROA ÁS ORIXES
EMBARCACIÓNS
O Porto de Ribeira acolleu durante catro días unha ampla e variada mostra de embarcacións tradicionais de distintas tipoloxías, tanto galegas como doutras comunidades peninsulares e europeas.
Nai
Nai
- Tipoloxía: Dorna Nai
- Eslora: 7,25
- Tipo de aparello: Cangrexa e Foque
- Ano: 1995
- Porto: Ribeira
- Asociación: Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna
Illa de Cortegada
Illa de Cortegada
- Tipoloxía: Galeón
- Eslora: 11,98
- Tipo de aparello: Vela Cangrexa
- Ano: 2010
- Porto: Carril (Vilagarcía)
- Asociación: Asociación Cultural, Deportiva e Prestadora de Servizos Xuvenís Rompetimóns
Juanita Larando
Juanita Larando
- Tipoloxía: Patache
- Eslora: 15,40
- Tipo de aparello: Ao terzo en dous paus
- Ano: 2020
- Porto: Pasaia (Guipúscoa)
131 EMBARCACIÓNS INSCRITAS
actuacións
Ribeira acolleu durante catro días numerosos espectáuculos e actuacións dirixidas a todo tipo de público. O programa incluíu música, teatro, humor, obradoiros, ludotecas e narrativa oral, de artistas locais, galegos e internacionais.
Concertos e Espectáculos
A música foi a gran protagonista das noites do xoves e venres e sábado. Ademais dos concertos, monólogos, exposicións e outro tipo de espectáculos amenizaron o Encontro.
- Día 18 – ABRIL (Música)
- Día 18 – CATUXA SALOM (Música)
- Día 19 – DE NINGHURES (Música)
- Día 19 – QUICO CADAVAL (Monólogo)
Espazo Familias
Espectáculos para toda la familia que foron desde concertos infantís, pasando polo teatro, o clown e os títeres, entre outros.
- Día 17 – MARIÑEIRAS – Sonia García e Cris Collazo – (Teatro infantil e narrativa oral)
- Día 18 – CANTA BUGUINA, CANTA – Marta Ortiz – (Teatro infantil)
- Día 18 – CONSERTASSO NA HORTA – Brais das Hortas (Música infantil e humor)
- Día 19 – O PEIRAO – Diáspora Teatro – (Teatro, títeres e clown)
- Día 19 – ANTUÁN DE LA CREAM (Circo, humor e clown)
- Día 20 – CONTAR CO VENTO – María da Pontragha – (Narrativa oral e cantigas)
Novas
Aquí podes ler todas as novas do XVII Encontro.
máis de 100 persoas voluntarias
O XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia contou en Ribeira cun total de 108 personas voluntarias. Unha cifra que superou as expectativas e permitiu cubrir as necesidades organizativas. A todo o voluntariado, GRAZAS!
O voluntariado día a día atendeu as necesidades das tripulacións e das persoas asistentes, tanto en terra como no mar.
Grazas a toda esta xente foi posíble montar todos os espazos precisos e levar a cabo o evento.
O voluntariado axudounos a realizar diversas tarefas:
- Atender a carpa de información para as persoas visitantes e as tripulacións.
- Organizar e atender os obradoiros, exposicións, as actividades infantís ou aqueloutras dirixidas a persoas con diversidade.
- Apoiar na montaxe e desmontaxe de exposicións.
- Colaborar na atención ao servizo de comidas que se ofrece no Encontro a participantes e ao propio voluntariado.
- Apoiar no mar a organización de fondeadoiros, amarres e atraques, e conformar a seguridade nas navegacións a través das embarcacións de apoio.
Saídas NÁuticas
Unha experiencia única, gozando do mar coa xente do mar.
B. joaquín vieta
Saídas náuticas de 1 hora. Para máis información 627 62 01 42
Horarios
Día 17 – de 18:30 a 19:30
Día 18 – de 11:00 a 18:30
Día 19 – de 11:30 a 19:30
Día 20 – de 11:30 a 18:00
Chasula
Saídas náuticas por diferentes zonas de 2 a 8 horas de duración, segundo o día. Para máis información 690843487 (Isidro) / 605891901 (Gabriele)
Horarios
Día 18 – de 10:00 a 18:00
Día 19 – de 10:00 a 11:45
– de 12:00 a 13:45
– de 15:45 a 18:30
Día 20 – de 10:00 a 11:45
– de 12:00 a 13:45
– de 15:45 a 18:30
XVII Encontro
Ribeira acolleu a gran reunión dos barcos tradicionais este 2025.
Un cento de embarcacións de Galicia, así como doutras zonas xeográficas, citáronse na festa que cada dous anos amosa a riqueza do noso patrimonio marítimo e fluvial.
Este XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia foi a oportunidade de contemplar nun só porto unha numerosa representación das diferentes tipoloxías de embarcacións tradicionais galegas e doutros territorios peninsulares e europeos. A oferta nas catro xornadas recolleu unha ampla programación con navegacións, concertos, exposicións, animación na rúa, artesanía, obradoiros e actividades para os cativos.
SEGUE AS NOSAS REDES
Grazas a todos os participantes, ao equipo que conforma o Comité Organizador, ao patrocinio das distintas institucións públicas así como á colaboración de diversas entidades e colectivos locais, facemos posible un ano máis o maior evento a prol da salvagarda e da promoción da cultura e do patrimonio mariñeiro de Galicia.
Organizan
Patrocinan
Colaboran
Agradecementos en especial a todos os patróns e patroas, tripulantes, equipo de voluntariado, mariñeir@s, artesáns, conferenciantes e resto de participantes no XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia


