VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

 

FERROL, DO 5 AO 8 DE XULLO DE 2007

viii EncOntro

MÔis dun cento de embarcacións procedentes de toda a Península Ibérica e de Francia participaron na gran celebración da cultura marítima e fluvial galega en Ferrol. O VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que tivo lugar entre o 5 e o 8 de xullo no peirao de Curuxeiras, serviu para divulgar o patrimonio marítimo mediante visitas, obradoiros, concertos, exposicións e encontros de especialistas.

Entre as actividades que se celebraron en Ferrol estaban unha selección de exposicións e información sobre asociacións e museos galegos, portugueses, asturianos, vascos e bretóns unidos polo seu traballo a prol da cultura marítima e fluvial. Ademais, realizÔronse obradoiros destinados tanto a nenos coma a maiores, a través dos que coñecer de preto os traballos das redeiras, dos cesteiros, dos modelistas navais e doutros oficios vencellados ao mundo do mar. 

Unha das novidades deste evento foi a realización de xornadas técnicas, que versaron sobre a creación dun novo marco normativo para as embarcacións tradicionais e clÔsicas. O Encontro serviu tamén para volver o ollar sobre a navegación clÔsica e tradicional a través de visitas guiadas sobre diferentes tipoloxías de barcos. Así mesmo, as persoas visitantes puideron embarcarse a bordo dos buques clÔsicos ou ben nos botes de pasaxe da ría de Ferrol durante as regatas. O VIII Encontro estivo amenizado durante os catro días por música tradicional.

 

GALERƍA DE IMAXES

Resumo en fotografĆ­as do VIII Encontro

No ano 2007, Ferrol acolleu a oitava edición deste evento. 

Grazas a todas as persoas e institucións que participaron, ao equipo que conformou o Comité Organizador, ao patrocinio das distintas institucións públicas, así como Ô colaboración de diversas entidades e colectivos locais, fíxose posible un ano mÔis o maior evento a favor da protección e promoción da cultura e do patrimonio mariñeiro de Galicia.

O VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia estivo organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) xunto coa asociación Club do Mar de Ferrol. Ademais, contou co patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

 

Agradecementos en especial a todos patróns e patroas, tripulantes, equipo de voluntariado, mariñeir@s, artesÔns, conferenciantes e resto de participantes no XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia