máis de 100 persoas voluntarias

O XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia contou en Ribeira cun total de 108 personas voluntarias. Unha cifra que superou as expectativas e permitiu cubrir as necesidades organizativas. A todo o voluntariado, GRAZAS!

O voluntariado día a día atendeu as necesidades das tripulacións e das persoas asistentes, tanto en terra como no mar.

Grazas a toda esta xente foi posíble montar todos os espazos precisos e levar a cabo o evento.

O voluntariado axudounos a realizar diversas tarefas:

  • Atender a carpa de información para as persoas visitantes e as tripulacións.
  • Organizar e atender os obradoiros, exposicións, as actividades infantís ou aqueloutras dirixidas a persoas con diversidade.
  • Apoiar na montaxe e desmontaxe de exposicións.
  • Colaborar na atención ao servizo de comidas que se ofrece no Encontro a participantes e ao propio voluntariado.
  • Apoiar no mar a organización de fondeadoiros, amarres e atraques, e conformar a seguridade nas navegacións a través das embarcacións de apoio.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle información relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Leer Más