vi Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

 

A ILLA DE AROUSA, DO 3 AO 6 DE XULLO DE 2003

VI EncOntro

Unhas 150 embarcacións construídas a partir da sabedoría dos vellos mariñeiros participaron no VI Encontro de Embarcacións Tradicionais na Illa de Arousa, un evento que reuniu a galegos e portugeses arredor dun obxectivo: a recuperación da cultura mariñeira no .

A combinación de eventos lúdicos e de investigación ou documentación acadaron ese ano un especial interese, coa interpretación de cantigas de mar e de taberna, botaduras de novas embarcacións ou xornadas sobre a gastronomía da ría de Arousa. O mar da Arousa volveu escoitar o rinchar dos cabos e as chanzas entre os mariñeiros empurrados polos ventos salgados do AtlÔntico.

No Encontro da Arousa do 2003 o convidado de honra foi Portugal. Nesta ocasion, practicamente non se celebrara a tradicional arribada xa que, cando os barcos estaban concentrados no medio da ría, entre Rianxo e a Illa, produciuse tal encalmada, que despois de moito agardar por un vento que non aparecía por ningures, cada embarcación acabou chegando ó peirao do Xufre como puido: unhas a motor, pero a maioría tivo que facelo botando man dos remos.

 

GALERƍA DE IMAXES

FotografĆ­as do VI Encontro

O sexto Encontro celebrouse na Illa de Arousa en 2003

Grazas a todas as persoas e institucións que participaron, ao equipo que conformou o Comité Organizador, ao patrocinio das distintas institucións públicas, así como Ô colaboración de diversas entidades e colectivos locais, fíxose posible un ano mÔis o maior evento a favor da protección e promoción da cultura e do patrimonio mariñeiro de Galicia.

O VI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia estivo organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) xunto coa Asociación Cultural Dorna.

Agradecementos en especial a todos patróns e patroas, tripulantes, equipo de voluntariado, mariñeir@s, artesÔns, conferenciantes e resto de participantes no XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia