XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

 

O FREIXO (OUTES), DO 11 AO 14 DE XULLO DE 2013

Xi EncOntro

A Asemblea da FGCMF acordou por unanimidade conceder a organización do XI Encontro Ô asociación Terra de Outes, en consorcio cos colectivos da Federación pertencentes Ô ría de Muros-Noia. O Encontro celebrouse no porto do Freixo-Outes entre os días 11 e 14 de xullo de 2013. 

O Freixo ten un lugar moi importante na historia da construción naval en madeira en Galicia, alí chegou a haber mÔis de 40 estaleiros na zona e hoxe en día segue a ter varios en activo. A isto hai que engadir que o fondo de ría é unha das mÔis importantes zonas marisqueiras, especialmente de berberecho.

AtĆ© esta pequena parroquia mariƱeira chegaron embarcacións tradicionais procedentes de distintos lugares de Galicia, Portugal, CataluƱa, Euskadi, Francia,… Moitas xa eran veteranas destes encontros pero tamĆ©n houbo novas incorporacións, entre elas algĆŗns barcos recuperados e outros de nova construción.

O evento constituíu unha auténtica festa por mar e por terra que incluíron actividades nos arredores do peirao, con música tradicional, artesanía en vivo, xogos para nenos, exposicións, documentais, conferencias e concertos nocturnos.

Ā 

GALERƍA DE IMAXES

Resumo en fotografĆ­as do XI Encontro

Durante 4 dĆ­as, O Freixo, no concello de Outes, acolleu este evento para mostrar a riqueza e patrimonio do noso mar.

Grazas a todas as persoas e institucións que participaron, ao equipo que conformou o Comité Organizador, ao patrocinio das distintas institucións públicas, así como Ô colaboración de diversas entidades e colectivos locais, fíxose posible un ano mÔis o maior evento a favor da protección e promoción da cultura e do patrimonio mariñeiro de Galicia.

O XII Encontro de Cabo da Cruz estivo organizado de forma conxunta por Culturmar, a asociación Terra de Outes e o Concello de Outes.

Ademais, contou co patrocinio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, a través das consellerías das consellerías do Mar e de Educación e Cultura; ademais da Dirección Xeral de Comercio.

 

Agradecementos en especial a todos patróns e patroas, tripulantes, equipo de voluntariado, mariñeir@s, artesÔns, conferenciantes e resto de participantes no XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia