XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
CABO DA CRUZ (BOIRO), DO 9 AO 12 DE XULLO DE 2015
XIi EncOntro
Baixo o lema ‘Vento da historia, mar de futuro…’ a vila de Cabo da Cruz, no concello de Boiro, acolleu entre o 9 e o 12 de xullo de 2015 a celebración do duodécimo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Embarcacións procedentes do sur de Inglaterra, Croacia, Irlanda e Portugal déronse cita no peirao de Cabo, ademais doutras chegadas de diferentes localidades españolas como Cartaxena ou Euskadi.
Foron cuatro días cheos de vida nos que veciños e visitantes se animaron a participar dun gran número de actividades tanto no mar como en terra. Recitais, charlas, exposicións, xogos populares, obradoiros, visitas guiadas, proxeccións e concertos deron forma a un programa que incluíu as actuacións de vinte formacións musicais.
Estes encontros sirven para dinamizar sectores como a carpintería de ribeira, a velaría, os efectos navais, artesáns e, sobre todo, potenciar os atractivos turísticos das comunidades da costa axudando a un turismo sostible.
GALERÍA DE IMAXES
Resumo en fotografías do XII Encontro
Durante 4 días, Cabo da Cruz (Boiro) acolleu este evento para mostrar a riqueza e patrimonio do noso mar.
Grazas a todas as persoas e institucións que participaron, ao equipo que conformou o Comité Organizador, ao patrocinio das distintas institucións públicas, así como á colaboración de diversas entidades e colectivos locais, fíxose posible un ano máis o maior evento a favor da protección e promoción da cultura e do patrimonio mariñeiro de Galicia.
O XII Encontro de Cabo da Cruz estivo organizado de forma conxunta por Culturmar, a Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras “Gamela” e o Concello de Boiro.
Ademais, contou co patrocinio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, a través das consellerías de Mar, Medio Ambiente e Cultura e Turismo.
Agradecementos en especial a todos patróns e patroas, tripulantes, equipo de voluntariado, mariñeir@s, artesáns, conferenciantes e resto de participantes no XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia