vii Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
CAMBADOS, DO 6 AO 10 DE XULLO DE 2005
VII EncOntro
O 6 de xullo de 2005 comezaba en Cambados o VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, un evento non só relacionado directamente cos barcos, senón con todo o que ten que ver coa cultura marítima e fluvial. Ao longo de catro xornadas, celebráronse actividades como exhibición de navegación a vela de embarcacións tradicionais e exposicións de proxectos para revalorizar a cultura tradicional do mar e buscar un desenvolvemento turístico náutico e etnográfico.
O VII Encontro de Cambados tivo un claro carácter internacional, porque nese momento estábase a constituír a Confederación Ibérica de Embarcacións Tradicionais. Este Encontro, polo tanto, integrouse na campaña de declaración
de patrimonio da Humanidade para o Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.
Escolleuse Cambados, entre outros motivos, por
existiren nesta vila tres activas asociacións (Clube Mariño Salnés, Asociación Náutica “As Joritas” e Grupo Etnográfico Mascato, un dos fundadores da Federación), con obxectivos distintos pero complementarios, que foron as que
levaron o peso fundamental na organización do VII Encontro.
GALERÍA DE IMAXES
Resumo en fotografías do VII Encontro
No ano 2005, foi Cambados a vila mariñeira que acolleu a sétima edicion do Encontro.
Grazas a todas as persoas e institucións que participaron, ao equipo que conformou o Comité Organizador, ao patrocinio das distintas institucións públicas, así como á colaboración de diversas entidades e colectivos locais, fíxose posible un ano máis o maior evento a favor da protección e promoción da cultura e do patrimonio mariñeiro de Galicia.
Este Encontro estivo organizadora polo Clube Mariño Salnés, a Asociación Náutica “As Joritas” e o Grupo Etnográfico Mascato. Tamén formaron parte da comisión organizadora a propia FGCMF, o Concello de Cambados e a Confraría de Pescadores San Antonio.
Agradecementos en especial a todos patróns e patroas, tripulantes, equipo de voluntariado, mariñeir@s, artesáns, conferenciantes e resto de participantes no XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia