XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

 

COMBARRO, DO 29 DE XUƑO AO 2 DE XULLO DE 2017

XIii EncOntro

Entre os  días 29 de xuño e 2 de xullo de 2017 celebrouse en Combarro-Poio a décimo terceira edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

A esta cita acudiron mÔis de 150 embarcacións tradicionais de diferentes partes da Península, desde Euskal Herria até Portugal. Centos de tripualntes e miles de visitantes que converteron Combarro no seu porto base durante catro días.

Arredor de 100.000 persoas achegÔronse a Combarro para gozar dunha completa programación. Exposicións, obradoiros, recitais, presentacións de publicacións, andainas, actividades infantís e concertos serviron de complemento, en terra, Ô actividade que se desenvolveu no mar.

Nos espazos portuarios e nas prazas públicas da vila desenvolvéronse diversas actividades culturais e de lecer dirixidas aos propios participantes e, sobre todo, Ô veciñanza e aos milleiros de visitantes.

GALERƍA DE IMAXES

Resumo en fotografĆ­as do XIII Encontro

Durante 4 dĆ­as, Combarro (Poio) acolleu este evento para mostrar a riqueza e patrimonio do noso mar.

Grazas a todas as persoas e institucións que participaron, ao equipo que conformou o Comité Organizador, ao patrocinio das distintas institucións públicas, así como Ô colaboración de diversas entidades e colectivos locais, fíxose posible un ano mÔis o maior evento a favor da protección e promoción da cultura e do patrimonio mariñeiro de Galicia.

O XIV Encontro da Guarda estivo organizado de forma conxunta por Culturmar, o Clube Mariño A Reiboa  e polo Concello de Poio.

Ademais, contou co patrocinio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, a través das consellerías de Mar, Medio Ambiente e Cultura e Turismo.

 

Agradecementos en especial a todos patróns e patroas, tripulantes, equipo de voluntariado, mariñeir@s, artesÔns, conferenciantes e resto de participantes no XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia