v Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
POIO, DO 23 AO 26 DE AGOSTO DE 2001
V EncOntro
O V Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia reuniu na vila de Combarro embarcacións dos máis diversos tipos que só comparten a característica de estar construídas seguindo as tradicións dos seus lugares de orixe. Lugares tan dispares coma Irlanda, Bretaña ou diferentes viilas de Galicia e Portugal, estiveron representadas entre o 23 e o 26 de agosto do ano 2001.
Tres barcos feitos de coiro do tipo empregado no século VI chegaron desde Irlanda, Bretaña e Euskadi seguindo as rutas empregadas na primeira Idade Media até Galicia. Máis achegados xeográfica e mesmo temporalmente, o peirao de Combarro recibiu tamén catraias de Esposende e Viana do Castelo, gamelas da Guarda e de Coruxo, dornas e bucetas das Rías Baixas, lanchas xeiteiras da Ría de Muros e Noia, botes con vela latina de Ferrol e Ribadeo, traíñas vascas, llauts cataláns e currachs de Irlanda, Bretaña e Euskadi.
Coincidindo con este encontro, o Concello de Poio acolleu todo tipo de actividades relacionadas coa cultura do mar. Así puideron verse exposicións, conferencias, coloquios e obradoiros náuticos sobre construción, manexo e navegación. Ademais, as rúas estiveron animadas con diferentes pasarrúas e concertos.
GALERÍA DE IMAXES
Resumo en fotografías do V Encontro
A vila de Combarro, en Poio, acolleu este evento para mostrar a riqueza e patrimonio do noso mar.
Grazas a todas as persoas e institucións que participaron, ao equipo que conformou o Comité Organizador, ao patrocinio das distintas institucións públicas, así como á colaboración de diversas entidades e colectivos locais, fíxose posible un ano máis o maior evento a favor da protección e promoción da cultura e do patrimonio mariñeiro de Galicia.
O X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia estivo organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), o Clube Mariño A Reiboa e o Concello de Poio.
Agradecementos en especial a todos patróns e patroas, tripulantes, equipo de voluntariado, mariñeir@s, artesáns, conferenciantes e resto de participantes no XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia