III Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
O GROVE, DO 3 AO 6 DE XULLO DE 1997
iii EncOntro
No mes de xullo de 1997, O Grove acollía a terceira edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Ao longo de catro día, embarcacións chegadas na súa maioría de portos das rías galegas achegáronse até O Grove para participar nun evento que se estaba a converter nunha das grandes citas que, cada dous anos, se celebraban no verán en Galicia. Tratábase, como nas dúas edicións anteriores, nun Encontro que trataba de concienciar sobre a necesidade de traballar na defensa da cultura marítima tradicional.
GALERÍA DE IMAXES
Resumo en fotografías do III Encontro
No ano 1997, O Grove acolleu a terceira edición deste evento
Grazas a todas as persoas e institucións que participaron, ao equipo que conformou o Comité Organizador, ao patrocinio das distintas institucións públicas, así como á colaboración de diversas entidades e colectivos locais, fíxose posible un ano máis o maior evento a favor da protección e promoción da cultura e do patrimonio mariñeiro de Galicia.
O III Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia estivo organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), en colaboración coa Asociación Amigos da Dorna Meca e o Museo do Pobo Galego.
Agradecementos en especial a todos patróns e patroas, tripulantes, equipo de voluntariado, mariñeir@s, artesáns, conferenciantes e resto de participantes no III Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia