ii Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

 

CORUXO (VIGO), DO 22 AO 25 DE XUÑO DE 1995

II EncOntro

A finais do mes de xuño de 1995, celebrábase en Coruxo (Vigo) a segunda edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Dous anos despois da posta en marcha deste evento, as embarcacións tradicionais volvían xuntarse, desta volta na ría de Vigo. Naqueles primeiros anos, o número de barcos non eran tan numeroso, pero xa empezaban a notarse as velas tradicionais na Ría. Os veciños de Portugal xa compartían con nós o Encontro. 

Nese ano están presentes en Coruxo embarcacións portuguesas, que participan nas regatas a vela e colócanse en lugares destacados. Tratábase da “Fé em Deus” e da “Santa Maria dos Anjos”, a catraia de Esposende, que participaron coas embarcacións tradicionais galegas.

 

GALERÍA DE IMAXES

Resumo en fotografías do II Encontro

No ano 199, Coruxo, en Vigo, acolleu a segunda edición deste evento

Grazas a todas as persoas e institucións que participaron, ao equipo que conformou o Comité Organizador, ao patrocinio das distintas institucións públicas, así como á colaboración de diversas entidades e colectivos locais, fíxose posible un ano máis o maior evento a favor da protección e promoción da cultura e do patrimonio mariñeiro de Galicia.

O II Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia estivo organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), xunto co Grupo Etnográfico Buxaina, o Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC) e o Museo do Pobo Galego.

 

Agradecementos en especial a todos patróns e patroas, tripulantes, equipo de voluntariado, mariñeir@s, artesáns, conferenciantes e resto de participantes no II Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia