Até o 10 de xullo permanece aberto o prazo para que as tripulacións poidan facer as reservas de aloxamento e comida e deberán facelo a través desta páxina web no apartado SÓ TRIPULACIÓNS. As credenciais de acceso foron enviadas pola organización aos correos electrónicos de contacto.
ALOXAMENTO
As LITEIRAS instalaranse no interior do PAVILLÓN e serán de uso exclusivo para tripulacións e colectivos, expedicións ou outras persoas participantes no Encontro.– A reserva faráse de xeito individual e nominativo.
– Cada reserva levará asociada un código QR que identificará a cada usuaria na entrada do pavillón, á que se lle asignará a liteira escollida.
– O uso do pavillón poderá facerse desde as 20:00h do mércores 16 de xullo ás 10:00h do luns día 21 de xullo.
– O acceso ao pavillón estará controlado permanentemente por parte da organización, polo que é necesario mostrar o código de acceso á entrada.
– Localización: Recinto do IES Nº 1 de Ribeira, con entrada pola parte traseira.
O incumprimento destas normas poderán supoñer a perda inmediata do dereito a usar estas instalacións.
ZONA DE ACAMPADA– Recinto pechado pertencente ao IES Nº 1 de Ribeira, para a instalación de tendas de campaña. Non conta con aparcamento interior, aínda que existen áreas de estacionamento gratuítas no exterior do recinto. Terán acceso aos servizos e duchas do interior do pavillón.
– Farase unha reserva conxunta por cada tenda que se desexe instalar, a nome dunha persoa responsábel da mesma.
– Cada reserva levará asociada un código QR que identificará á persoa titular da tenda.
– O uso do recinto poderá facerse desde as 20:00 do mércores 16 de xullo ás 10:00h do luns día 21.
– Localización: Recinto do IES Nº 1 de Ribeira, con entrada pola parte traseira.
O incumprimento destas normas poderán supoñer a perda inmediata do dereito a usar estas instalacións.
ZONA DE AUTOCARAVANAS
– Instalaranse no interior do recinto do IES Nº 1 de Ribeira, compartido coa zona destinada ás tendas de campaña, nunha área delimitada para estes vehículos e de uso exclusivo para as tripulacións e colectivos, expedicións ou outras persoas directamente relacionadas co Encontro.
– Non conta con servizos de auga, luz ou descarga de augas residuais.
– A reserva faráse de xeito individual e nominativo para cada vehículo.
– Cada reserva levará asociada un código QR que identificará o vehículo, que será enviado por correo electrónico no momento da reserva e que deberá estar impreso e colocado en lugar visíbel no parabrisas.
– O uso do recinto poderá facerse desde as 20:00h do mércores 16 de xullo ás 10:00h do luns día 21.
– O acceso ao recinto estará vixiado.
– Localización: Recinto do IES Nº 1 de Ribeira, con entrada pola parte traseira.
O incumprimento destas normas poderán supoñer a perda inmediata do dereito a usar estas instalacións.
COMIDASHaberá unha opción de menú vegano, así como a posibilidade de indicar as posíbeis intolerancias ou alerxias que sexa preciso atender, e que deberán ser indicadas de forma explícita na folla de reserva.
IMPORTANTE: Cada código poderá utilizarse unha soa vez polo que, en caso de que se faga unha distribución errónea (por exemplo, enviando o mesmo código a varias persoas ou enviándoo a terceiras persoas alleas ao grupo), o código quedará inutilizado despois do seu primeiro uso. Pedimos por este motivo a máxima atención na distribución dos mesmos, xa que será imposíbel recuperalos unha vez usados.
O horario de comidas será de 14:00 a 15:30 e o de ceas de 21:00 a 22:30.