Por primeira vez nos 32 anos de historia do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, unha expedición do continente americano participaba cunha amplia representación dos seus carpinteiros de ribeira e mesmo cunha embarcación propia, A Chilota.
A delegación de Chile, baixo a dirección do Servizo de Patrimonio do país andino tivo, amáis dun stand propio nas instalacións do XVII Enconcrtro, unha destacada participación no espazo de intercambio de saberes dando a coñecer as súas experiencias na defensa do patrimonio marítimo da zona austral de Chile, nomeadamente do entorno patagónico, Chiloé e sectores próximos a ese estremo septentrional do continente americano.
A súa primeira posta en común no XVII Encontro realizouse baixo o título xenérico de: “Experiencias de salvagarda da carpintaría de ribeira en Chile”. Na presentación participaron, amáis de Marco Tamayo, antropólogo e coordenador da delegación chilena, cinco carpinteiros de ribeira que analizaron as dificultades do relevo xeracional, os programas de fomento da súa actividade, o carácter familiar e comunitario do seu traballo ou mesmo a éiva máis grande para consolidar a súa actividade: a falta de terreos e instalacións onde desenvolver un traballo que se realiza en condicións climatolóxicas moi estremas dene hai centos de anos.
Tedes a presentación ao completo no Canal de Youtube do XVII Encontro: https://youtu.be/oY7-fCimnlg
