A presenza da Confraria Ibérica do Tejo no XVII Encontro permitíu afondar na difusión do que o vicepresidente da entidade, Joao Serrano, cualificou como unha “epopea mariñeira” no litoral central portugués.
Referíu o estudoso e dinamizador da cultura naval portuguesa o proceso de transformación polo que os mariñeiros da costa portuguesa no esteiro do Texo foron adaptando as súas embarcacións, os seus costumes e a súa vida á contarna do río, e río arriba, para garantir a supervivencia nos duros meses de invernía, cando o mar expulsaba aos pescadores na hostil e aberta costa atlántica lusa.
Joao Serrano presentou os traballos de escolla fotográfica, publicada agora pola Confraria Ibérica do Tejo, na que se recollen imaxes descoñecidas tras un proceso de recollida río avante, por cámaras municipais, freguesías e concellos dende a desembocadura do Texo até as mesmas beiras de Aranjuez, no alto, altísimo Texo español.
Na nosa canle de Youtube podes ver a conferencia ofrecida por Joao Serrano: https://www.youtube.com/watch?v=8yFN8iowEqs
