Asociación CULTURAL E DEPORTIVA Talameira

A Asociación Cultural e Deportiva Talameira, entidade sen ánimo de lucro con sede en Ribadeo (Lugo), foi fundada en 2023 co obxectivo de defender, divulgar e poñer en valor o patrimonio marítimo, a navegación tradicional e a cultura mariñeira da zona, cunha especial atención á conservación e promoción dos botes da Ría de Ribadeo.

Inscrita no Rexistro de Asociacións co número 2023/26186-1, a Asociación Talameira pasou a formar parte de Culturmar en marzo de 2024, integrándose así na rede de entidades comprometidas coa protección, recuperación e divulgación do patrimonio marítimo e fluvial de Galicia.

As súas iniciativas están orientadas a dar a coñecer e aumentar o recoñecemento do patrimonio cultural inmaterial vencellado ao mar, así como ás tradicións e aos saberes mariñeiros propios da Ría de Ribadeo.

Neste marco, a asociación desenvolve diversas actividades relacionadas coa cultura e o deporte náutico, entre as que destacan a organización e participación en regatas de vela latina tradicional, os bautismos de mar a bordo dos botes da Ría, e a realización de charlas e actividades divulgativas sobre a defensa e conservación do patrimonio marítimo de Ribadeo.

A través destas iniciativas, a Asociación Cultural e Deportiva Talameira busca manter viva a relación entre a comunidade, o mar e as súas embarcacións tradicionais, favorecendo a transmisión deste legado ás novas xeracións e contribuíndo á súa conservación e posta en valor.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle información relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Leer Más