A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar, celebrou onte en Cambados unha asemblea xeral onde se falou da posible sede do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (EETG) que se celebrará en 2017. Os socios e socias de Culturmar apoiaron, por unanimidade, a proposta da asociación de cultura marítima Talameira de que Ribadeo acolla en xullo de 2027 o XVIII EETG. O colectivo forma parte do Real Club Náutico de Ribadeo, cuxo presidente, Pablo Fernández Ferreyra, estivo presente na asamblea. 

Fernández Ferreyra explicou que a proposta de Talameira está pendente de algúns trámites. En primeiro lugar, o Concello de Ribadeo deberá aprobar, por unanimidade, a proposta. Ademais, tamén terá que haber un acordo coa Deputación de Lugo para asegurar o correcto desenvolvemento dun evento da magnitude e relevancia do EETG. Segundo o presidente da asociación ribadense, “é unha iniciativa que nos ilusiona e contades coa nosa total disposición para presentar o antes posible un proxecto sólido co os avais precisos. Non teño dúbida de que será unha experiencia moi boa”.

O até onte presidente de Culturmar, Pepe Sacau, afirmou que a celebración do Encontro en Ribadeo é “todo un reto que nos dará a oportunidade de coñecer máis a fondo a mariña luguesa e o Cantábrico”. Sacau explicou que celebrar o evento “na outra punta de Galicia ten un atractivo especial” e é unha “nova aventura” semellante á que xa fora asumida no ano 2019 coa organización do Encontro na Guarda.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle información relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Leer Más