O espazo de intercambio de saberes e coñecementos que durante os catro días de celebración do XVII Encontro foi o epicentro do chamado Pavillón do Patrimonio, pechou as súas actividades cunha mesa redonda a seis bandas e opinións chegadas dende Cataluña, Euskadi, Irlanda, Portugal e, por suposto, Galicia.

Problemas comúns e fortalezas semellantes para seguir desenvolvendo o traballo na defensa do patrimonio marítimo europeo. Ideas e perspectivas que tiveron unha introducción xeral a cargo de Pablo Carrera (Culturmar) analizando o actual marco legal, galego, nacional e comunitario de aplicación ás embarcacións tradicionais.

Na nosa canle de Youtube podes ver a presentación completa: https://youtu.be/L9kfj1w4jVk