No decurso do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia puidemos coñecer o proxecto artístico en forma de libro de Xosé Iglesias, patrón, mariñeiro, amante do mar e das súas xentes; home polifacético e das artes, nomeadamente a pintura o debuxo ou a escultura.

O seu motivo artístico é o Mar con maiúsculas. Ese Mar do que vive e co que convive. E de entre todas as criaturas mariñas, unha paixón cetácea. Aos cetáceos adica gran parte da súa obra e do seu inconfundible estilo. A cerna artística de Iglesias outorgalle a eles unha capacidade inequívoca, mutante: barcos pesqueiros que mudan en caldeiróns, en baleas e cachalotes; faros que viaxan ao lombo de grandes mamíferos mariños e mesmo poderosas criaturas dos mares que mudan en barcos de ferro e cascos sólidos de traballo. É, xa que logo, unha metamorfose mariña de ida e de volta. Entre naos de subsistencia e seres que subsisten, malia os perigos que os ameazan, Iglesias bota unha táboa de salvación, un flotador de arte pola borda literaria para maior deleite das nosas miradas.

Na nosa canle de Youtube podes ver a presentación completa: https://youtu.be/4CVl6sVZcHc