Culturmar organiza un concurso aberto a calquera participante para elixir as mellores fotografías das embarcacións que durante estes días participan no Encontro de Ribeira. Non necesitas unha cámara profesional nin un teleobxetivo (aínda que tampouco están prohibidos). Un teléfono móbil pode ser suficiente para tomar esa imaxe que sexa capaz de captar a esencia deste evento e mostrar ao mundo a beleza da navegación tradicional.

A nosa recomendación é que te embarques para poder tomar fotografías do barco navegando con bo vento desde a distancia adecuada e con boa calidade. Pero tamén podes facelo desde terra, desde un recuncho da avenida do Malecón ou do espigón. Ti elixes. O único requisito é que a embarcación apareza completa e navegando a vela. 

O prazo para participar remata o domingo 20 de xullo, ás 12 horas da mañá.

✅ Dinámica:

  1. Toma unha fotografía dunha embarcación navegando a vela.

  2. Súbea ao teu perfil persoal de Instagram co hashtag oficial do concurso #BarcoXVIIEncontroRibeira

  3. Etiquétanos @encontroembarcacions. Se non tes conta en Instagram, fainos chegar a fotografía ao correo comunicacion@culturmar.org cos teus datos de contacto e subiremos a imaxe nós por ti. 

  4. Menciona a amig@s, familiares e coñecid@s que estean contigo desfrutando do evento.


    🏆 Criterios para gañar:

  • Emoción que transmita a foto

  • Creatividade na toma

  • Participación (comentarios, likes, etc.)

  • Orixinalidade e conexión co espírito do Encontro.

Un xurado integrado por membros das entidades organizadoras Culturmar e a Real e Ilustre Cofradía da Dorna escollerá as cinco mellores fotografías.

Durante a ceremonia de clausura do domingo, Culturmar anunciará os 5 gañadores, cuxos nomes tamén se publicarán nos perfís deste XVII Encontro. Os gañadores recibirán un puzzle 3D dunha dorna, como o que aparece na imaxe.