Até o 10 de xullo permanece aberto o prazo para que as tripulacións poidan facer as reservas de aloxamento e comida e deberán facelo a través desta páxina web no apartado SÓ TRIPULACIÓNS. As credenciais de acceso foron enviadas pola organización aos correos electrónicos de contacto. 

O número de prazas nos diferentes servizos de aloxamento e comidas é limitado, polo que non se poderán asignar máis prazas de aloxamento ou servizos de comidas unha vez esgotados. Nese caso, o sistema deixará de admitir máis reservas.
Por este motivo pregamos a máxima rapidez nas reservas, que poderán facerse até o 10 de xullo ás 14:00.

 

🛏️ ALOXAMENTO

Todos os servizos de aloxamento (liteiras, autocaravanas ou tendas de campaña) realizaranse no Pavillón do IES Nº 1 de Ribeira.
👉As LITEIRAS instalaranse no interior do PAVILLÓN e serán de uso exclusivo para tripulacións e colectivos, expedicións ou outras persoas participantes no Encontro.
 Estarán numeradas e contarán cun colchón. Recoméndase levar saco de durmir e almofada ou roupa de cama, no seu lugar.
 A reserva faráse de xeito individual e nominativo.
– Cada reserva levará asociada un código QR que identificará a cada usuaria na entrada do pavillón, á que se lle asignará a liteira escollida.
– O uso do pavillón poderá facerse desde as 20:00h do mércores 16 de xullo ás 10:00h do luns día 21 de xullo.
– O acceso ao pavillón estará controlado permanentemente por parte da organización, polo que é necesario mostrar o código de acceso á entrada. 
– O pavillón contará con servizos e duchas. É absolutamente obrigatorio contribuír a manter estas instalacións no mellor estado de uso posíbel.
– Localización: Recinto do IES Nº 1 de Ribeira, con entrada pola parte traseira.
 Está terminantemente prohibido fumar ou consumir alimentos ou bebidas (agás auga) en todo o recinto do pavillón. 
 O uso do recinto queda restrinxido exclusivamente ás áreas autorizadas; está terminantemente prohibido acceder ao resto do recinto.
 📢O incumprimento destas normas poderán supoñer a perda inmediata do dereito a usar estas instalacións.
👉ZONA DE ACAMPADA
– De uso exclusivo para tripulacións e colectivos, delegacións e persoas colaboradoras participantes no Encontro.

– Recinto pechado pertencente ao IES Nº 1 de Ribeira, para a instalación de tendas de campaña. Non conta con aparcamento interior, aínda que existen áreas de estacionamento gratuítas no exterior do recinto. Terán acceso aos servizos e duchas do interior do pavillón.
– Farase unha reserva conxunta por cada tenda que se desexe instalar, a nome dunha persoa responsábel da mesma.
– Cada reserva levará asociada un código QR que identificará á persoa titular da tenda.
– O uso do recinto poderá facerse desde as 20:00 do mércores 16 de xullo ás 10:00h do luns día 21.

– O acceso ao recinto estará vixiado.
– Localización: Recinto do IES Nº 1 de Ribeira, con entrada pola parte traseira.
 Está terminantemente prohibido fumar ou consumir alimentos ou bebidas (agás auga) en todo o recinto da acampada 
– O uso do recinto queda restrinxido exclusivamente ás áreas autorizadas polo que está terminantemente prohibido acceder ao resto do recinto.
 📢O incumprimento destas normas poderán supoñer a perda inmediata do dereito a usar estas instalacións.

👉ZONA DE AUTOCARAVANAS
– Instalaranse no interior do recinto do IES Nº 1 de Ribeira, compartido coa zona destinada ás tendas de campaña, nunha área delimitada para estes vehículos e de uso exclusivo para as tripulacións e colectivos, expedicións ou outras persoas directamente relacionadas co Encontro.
– Non conta con servizos de auga, luz ou descarga de augas residuais.
– A reserva faráse de xeito individual e nominativo para cada vehículo.
– Cada reserva levará asociada un código QR que identificará o vehículo, que será enviado por correo electrónico no momento da reserva e que deberá estar impreso e colocado en lugar visíbel no parabrisas.
– O uso do recinto poderá facerse desde as 20:00h do mércores 16 de xullo ás 10:00h do luns día 21.
– O acceso ao recinto estará vixiado.
– Localización: Recinto do IES Nº 1 de Ribeira, con entrada pola parte traseira.

– Está terminantemente prohibido fumar ou consumir alimentos ou bebidas (agás auga) en todo o recinto da acampada. 
– O uso do recinto queda restrinxido exclusivamente ás áreas autorizadas; está terminantemente prohibido acceder ao resto do recinto. 
 📢O incumprimento destas normas poderán supoñer a perda inmediata do dereito a usar estas instalacións.
 
🥗COMIDAS
 
O servizo de comidas farase na Carpa Mariñeira, de xeito exclusivo para tripulacións e colectivos, expedicións ou outras persoas directamente relacionadas co Encontro a un prezo de 7€ /menú e incluirá primeiro, segundo prato, postre e bebida.
Para unha maior comodidade recomendamos realizar a reserva de xantares de forma conxunta para todos os tripulantes pertencentes a un mesmo colectivo/barco e para cada unha das sesións (desde o xoves ao xantar ao domingo á cea). O sistema enviará ao enderezo de correo indicado uns códigos QR coa identificación de cada un dos servizos reservados.
Os colectivos serán responsábeis de distribuír os códigos a cada unha das persoas que desexen acceder á carpa, ben a través do móbil ou ben impreso. Este código será lido na entrada da carpa para dar acceso ao interior.
Haberá unha opción de menú vegano, así como a posibilidade de indicar as posíbeis intolerancias ou alerxias que sexa preciso atender, e que deberán ser indicadas de forma explícita na folla de reserva.
👉IMPORTANTE: Cada código poderá utilizarse unha soa vez polo que, en caso de que se faga unha distribución errónea (por exemplo, enviando o mesmo código a varias persoas ou enviándoo a terceiras persoas alleas ao grupo), o código quedará inutilizado despois do seu primeiro uso. Pedimos por este motivo a máxima atención na distribución dos mesmos, xa que será imposíbel recuperalos unha vez usados.
👉O horario de comidas será de 14:00 a 15:30 e o de ceas de 21:00 a 22:30.