Quedan apenas uns días para dar comezo á XVII edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia e aproveitamos para comunicarvos o procedemento de traballo da montaxe e desmontaxe de stands do evento que se rexirá polas seguintes NORMAS:

 

👷 MONTAXE – DESCARGA MATERIAIS

A MONTAXE dos distintos postos ou stands así como as mostras do interior da CARPA DO PATRIMONIO e da carpa «Pitelas de Fraga» comezará o mércores 16 a partir das 16:00h e xoves 17 desde as 8:00 e até as 10:00h.

 
🚗 CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS
A circulación de vehículos para a montaxe so está permitida durante as horas de montaxe indicadas debendo estar despexado o recinto ás 10:15 do xoves día 17. Rogamos se respeten os horarios de montaxe empregando únicamente aqueles vehículos que sexan imprescindibles para tal fin.
 
En ningún caso poderán circular ningún coche dentro do recinto do evento sen autorización previa desde o xoves 17 de xullo ás 10.15h e ata o domingo 20 de xullo ás 21 horas.

🪪 ACREDITACIÓNS

 

Os vehículos que precisen acceder ao recinto para montaxe e desmontaxe de stand deberán levar unha autorización visíbel no parabrisas, que será entregada pola organización no punto de información a partir do mércores 16 as 16:00 horas
👉A estes efectos, deberá comunicarse con antelación a matrícula do vehículo a través do seguinte formulario: https://forms.gle/tDErMGRk4sFwqoQi6 O prazo de comunicación remata o xoves 10 de xullo as 14:00

👷 DESMONTAXE POSTOS E MOSTRAS
A recollida dos interiores das carpas e haimas realizarase o domingo a partir das 21:15, hora de peche dos stands e o luns a partires das 8.00 horas debendo estar desaloxadas as carpas completamente ás 14.00 horas. 
🦺 SERVIZO DE VIXIANCIA
Se informa aos expositores que a organización porá un servizo de vixilancia nocturno no recinto do evento operativo dende o mércores día 16 ás 21.30 e até as 10.30 horas do luns 21.
 
⏱️ HORARIOS DE APERTURA DOS STANDS E MOSTRAS
Os horarios de apertura dos postos e mostras será de xoves a domingo de 11:00 á 14:00 e de 17:00 á 21:00 horas.
Por favor, pregamos a todos os expositores respeten os horarios de apertura, montaxe e desmontaxe indicados pola organización.