No marco dos actos do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se van a celebrar do 17 ao 20 de xullo en Ribeira, hoxe impartirase na sala polivalente do Auditorio Municipal unha charla que leva por título “A vela: tradición, deporte e paixón”, impartida polo veciño de Ribeira, Juan Lustres Lampón.
Juan Lustres adiantou na presentación que vai a ser unha charla sinxela onde se mostrará aos asistentes os conceptos básicos e os mecanismos para navegar a vela, “ideal para as persoas que queiran iniciarse neste mundo”. Ademais de ilustrar sobre os conceptos básicos da navegación a vela, Juan Lustres viaxará até os comezos da vela e a navegación de cabotaxe, contextualizando sobre as embarcacións propias da Ría de Arousa.
As persoas que non poidan asistir á charla poderán seguila a través desta ligazón: https://youtube.com/live/aHEgPLNvZ-0?feature=share
