XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais

 

de Galicia

 

RIBEIRA, DO 17 AO 20 DE XULLO 2025

PROA ÁS ORIXES

EMBARCACIÓNS

O Porto de Ribeira acolleu durante catro días unha ampla e variada mostra de embarcacións tradicionais de distintas tipoloxías, tanto galegas como doutras comunidades peninsulares e europeas.

Nai

Nai

  • Tipoloxía: Dorna Nai
  • Eslora: 7,25
  • Tipo de aparello: Cangrexa e Foque
  • Ano: 1995
  • Porto: Ribeira
  • Asociación: Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna

Illa de Cortegada

Illa de Cortegada

  • Tipoloxía: Galeón
  • Eslora: 11,98
  • Tipo de aparello: Vela Cangrexa
  • Ano: 2010
  • Porto: Carril (Vilagarcía)
  • Asociación: Asociación Cultural, Deportiva e Prestadora de Servizos Xuvenís Rompetimóns

Juanita Larando

Juanita Larando

  • Tipoloxía: Patache
  • Eslora: 15,40
  • Tipo de aparello: Ao terzo en dous paus
  • Ano: 2020
  • Porto: Pasaia (Guipúscoa)

131 EMBARCACIÓNS INSCRITAS

actuacións

Ribeira acolleu durante catro días numerosos espectáuculos e actuacións dirixidas a todo tipo de público. O programa incluíu música, teatro, humor, obradoiros, ludotecas e narrativa oral, de artistas locais, galegos e internacionais.

Concertos e Espectáculos

A música foi a gran protagonista das noites do xoves e venres e sábado. Ademais dos concertos, monólogos, exposicións e outro tipo de espectáculos amenizaron o Encontro.

  • Día 18 - ABRIL (Música)
  • Día 18 - CATUXA SALOM (Música)
  • Día 19 - DE NINGHURES (Música)
  • Día 19 - QUICO CADAVAL (Monólogo)

Espazo Familias

Espectáculos para toda la familia que foron desde concertos infantís, pasando polo teatro, o clown e os títeres, entre outros.

  • Día 17 - MARIÑEIRAS - Sonia García e Cris Collazo - (Teatro infantil e narrativa oral)
  • Día 18 - CANTA BUGUINA, CANTA - Marta Ortiz  - (Teatro infantil)
  • Día 18 - CONSERTASSO NA HORTA - Brais das Hortas (Música infantil e humor)
  • Día 19 - O PEIRAO - Diáspora Teatro - (Teatro, títeres e clown)
  • Día 19 - ANTUÁN DE LA CREAM (Circo, humor e clown)
  • Día 20 - CONTAR CO VENTO - María da Pontragha - (Narrativa oral e cantigas)

 

máis de 100 persoas voluntarias

O XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia contou en Ribeira cun total de 108 personas voluntarias. Unha cifra que superou as expectativas e permitiu cubrir as necesidades organizativas. A todo o voluntariado, GRAZAS!

O voluntariado día a día atendeu as necesidades das tripulacións e das persoas asistentes, tanto en terra como no mar.

Grazas a toda esta xente foi posíble montar todos os espazos precisos e levar a cabo o evento.

O voluntariado axudounos a realizar diversas tarefas:

  • Atender a carpa de información para as persoas visitantes e as tripulacións.
  • Organizar e atender os obradoiros, exposicións, as actividades infantís ou aqueloutras dirixidas a persoas con diversidade.
  • Apoiar na montaxe e desmontaxe de exposicións.
  • Colaborar na atención ao servizo de comidas que se ofrece no Encontro a participantes e ao propio voluntariado.
  • Apoiar no mar a organización de fondeadoiros, amarres e atraques, e conformar a seguridade nas navegacións a través das embarcacións de apoio.

Saídas NÁuticas

Unha experiencia única, gozando do mar coa xente do mar.

B. joaquín vieta

Saídas náuticas de 1 hora. Para máis información 627 62 01 42

Horarios

Día 17 - de 18:30 a 19:30
Día 18 - de 11:00 a 18:30
Día 19 - de 11:30 a 19:30
Día 20 - de 11:30 a 18:00

 

Chasula

Saídas náuticas por diferentes zonas de 2 a 8 horas de duración, segundo o día. Para máis información 690843487 (Isidro) / 605891901 (Gabriele)

Horarios

Día 18 - de 10:00 a 18:00
Día 19 - de 10:00 a 11:45
            - de 12:00 a 13:45
               - de 15:45 a 18:30   
Día 20 - de 10:00 a 11:45 
           - de 12:00 a 13:45
           - de 15:45 a 18:30

XVII Encontro

Ribeira acolleu a gran reunión dos barcos tradicionais este 2025. 

Un cento de embarcacións de Galicia, así como doutras zonas xeográficas, citáronse na festa que cada dous anos amosa a riqueza do noso patrimonio marítimo e fluvial. 

Este XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia foi a oportunidade de contemplar nun só porto unha numerosa representación das diferentes tipoloxías de embarcacións tradicionais galegas e doutros territorios peninsulares e europeos. A oferta nas catro xornadas recolleu unha ampla programación con navegacións, concertos, exposicións, animación na rúa, artesanía, obradoiros e actividades para os cativos.

SEGUE AS NOSAS REDES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle información relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Leer Más